jueves, 17 de mayo de 2012

"MEDIO SÉCULO DE, O DÍA DAS LETRAS GALEGAS"
=========================================







O día 16 de Xuño do 2012 terá lugar a commemoración do 50 aniversario
de a maior festa cultural, O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, na praza
coruñesa de Maria Pita.








A Real Academia Galega  comenzou a celebrar o Día das Letras
Galegas en 1963, para homenaxear as persoas que destacasen por
a sua creación literaria no idioma galego e pola defensa da nosa lingua,
cada ano dedicaselle a unha personalidade diferente, escollida pola
Real Academia Galega, tendo que levar, polo menos, dez anos morta.
A data de o 17 de Maio escolleuse, por ser en tal día como ise no
ano 1863 no que se publicou a obra "Cantares Galegos" de Rosalía
de Castro, que seria o comenzo do rexurdimento cultural do galego.


Vídeo de os 50 anos dos homenaxeados no Día das Letras Galegas
(1963-2012)
Música: Pucho Boedo, Himno Galego.









lunes, 7 de mayo de 2012

" DÍA DAS LETRAS GALEGAS "

17 de Maio de 2012
Dedicado o empresario e intelectual vigués;  VALENTIN PAZ ANDRADE  (1898 - 1987)




Paz Andrade foi un galeguista, e un poeta da xeneración de 1925,
foi un avogado de prestixio en Vigo,
escribiú ensaios literarios, históricos e económicos,
colaborou en varios periódicos e
foi director de o periódico galeguista "Galicia"






" PRANTO MATRICIAL "  (1954)

Poema de Paz Andrade, que evoca a morte de Castelao e que dedicou ó retorno de Castelao a Galiza.


Na Matricial Galicia, sempre túa,
que dende a Torre de Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas polo mare;
de toxo unha fogueira en cada monte;
cando ti volvas polo mare;
dos castros na coroa unha cachela,
cando ti volvas polo mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas polo mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas plo mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas polo mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas polo mare;
veliñas á xanela en cada casa,
cando ti volvas polo mare;
e as perolas das bágoas derramadas,
cando ti chegues polo mare;
cando ti chegues polo mare.............