lunes, 20 de junio de 2011

" NEGRA SOMBRA "


                                                  "Negra Sombra"
                                          Poema de Rosalía de Castro.
                                               (Follas Novas, 1880)
                                          ====================

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

 
APUNTES
O poema, "Negra Sombra" , converteuse nunha das máis emblemáticas cancións da música galega, porque o músico , Xoán Montés Capón, uniu estas letras cun alalá recollido na Cruz do Incio (Lugo), foi presentado por primeira vez no Gran Teatro da Habana no ano 1892.
É un dos cantos máis fermosos de Galicia, e as súas letras fúndense co trazo melódico de modo que xa non se conciben por separado.

                                     
                                             NEGRA SOMBRA
                                          (traducción al castellano)

Cuando pienso que te fuiste,
negra sombra que me asombras,
a los pies de mis cabezales,
tornas haciéndome mofa.

Cuando imagino que te has ido,
en el mismo sol te me muestras,
y eres la estrella que brilla,
y eres el viento que zumba.

Si cantan, eres tú que cantas,
si lloran, eres tú que lloras,
y eres el murmullo del río
y eres la noche y eres la aurora.

En todo estás y tú eres todo,
para mí y en mi misma moras,
ni me abandonarás nunca,
sombra que siempre me asombras.

APUNTES
El poema, "Negra Sombra" , se convirtió en una de las más emblemáticas canciones de la música gallega, porque el músico Xoán Montés Capón, unió estas letras con un alalá recogido en A Cruz do Incio (Lugo), fue presentado por primera en el Gran Teatro de La Habana en 1892.
Es uno de los cantos más hermosos de Galicia, y sus letras se funden con un trazo melódico de modo que ya no se conciben por separado.

sábado, 4 de junio de 2011

" Os Cruceiros, espallados por Galicia "

Os Cruceiros, son monumentos relixiosos, que constan de cruces de pedra sobre un pilar, que se colocan en cruces de camiños, adros de igrexas, ermidas ou en espacios vencellados con creencias pagás.
Son unha manifestación da arquitectura popular galega, esténdense por toda a nosa xeografia, os máis antigos de Galicia datan do século XIV.

Cruceiro de Melide, o máis
anitgo de Galicia, (século XIV)


Galicia é un país de cruceiros, son sinais de identidade das aldeas ou parroquias, son lugares de encontro e culto, según Castelao os cruceiros son unha creación gótica.
                                              

Cruceiro de Hío, Cangas de Morrazo (mestre canteiro Xosé Cerviño)

A maioría dos cruceiros son manifestacións dunha arte anónima, froito da maestría duns canteiros que, sen coñocementos artísticos profundos, souberon plasmar na pedra un sentimento popular de devoción, di Castelao: de poucos mestres canteiros quedou memoria no país, e ben merecían que quedase.


   Cruceiro de Sárria.













Canta a pedra, durmida e acochada,
da terra nai no garimoso seo,
esperta do seu sono milenario
e quer ser oración e pensamento,
frorece nun varal, estendo os brazos,
e póndose de pé faise cruceiro.

(Ramón Cabanillas)


                                                            Cruceiro de O Covelo

                                                                        

                                Onde hai un cruceiro houbo sempre un pecado
                                e cada cruceiro é unha oración de pedra que
                                fixo baixar un perdón do Ceo, polo
                                arrepentimento de quen o pagou e polo
                                gran sentimento de quen o fixo.
                                (Castelao)


Cruceiro de Niveiro.

domingo, 29 de mayo de 2011

" Os Pazos en Galicia "

Os Pazos son as vivendas máis afamadas e numerosas que se conservan das construccions historicas galegas, hoxe en día son un tesouro do arte galego e símbolo dunha sociedade, estan vinculados a cultura popular galega dunha nóbleza rural con gran poder económico e social sobre as outras clases sociales.

Pazo de Oca - A Estrada



Son o reflexo dunha época, dunha sociedade e dun xeito de vivir, ós fidalgos obtiñan elevadas rendas subarrendando as terras ós campesiños, ós beneficios investíronse na construción de edificios suntuarios que se converten, cos seus elementos decorativos, nun símbolo da importancia social. Os numerosos pazos distribuídos por Galicia van a ser o centro económico e social da vida campesiña, e unha imaxe de poder e xerarquía.
Os Pazos soo se encontran en Galicia son a sua particular arquitectura palaciega.


Xardins Pazo de Oca.


O Pazo é a casa fidalga galega, poseedora de signos heráldicos de proporcios suntuosas, que presentan portón blasonado, capela, palomar e xardins. (hai un dito popular que dice : " capilla, palomar e ciprés, Pazo es), comenzaron a levantarse o final do século XV, principio do XVI.





Pazo de Meirás.

Pazo de Vilaboa.