viernes, 15 de noviembre de 2013

" É NADA AQUÍ NON PASA NADA"

" A catástrofe do Prestige"


Despoís de case once anos de investigación Xudicial, dá maior causa xamáis instruída en Espanha
por un delito medioambiental.
É NADA AQUÍ NON PASA NADA.




Un dos maiores desastres ecóloxicos ocorridos en Europa, máis de dous mil quilómetros de costa
Galega pintada de negro.
É NADA AQUÍ NON PASA NADA.




Ninguén é responsable, nin polo penal, nin polo civil, deste desastre, do accidente do petroleiro
que tivo lugar en augas Galegas.
É NADA AQUÍ NON PASA NADA.



Ahora a culpa de todo isto vai a ser nosa por ter mar, e teremos que pagar toda esa pila de millóns que din que costa to isto, por rriba os xuicios. Manda Carallo!!!!!!!!!!!!.
É NADA AQUÍ NON PASA NADA.
É NADA AQUÍ NON PAGA NINGUÉN
========================================================================
                           

UN MILLÓN DE GRACIAS A TODOS LOS VOLUNTARIOS ......................................................

sábado, 1 de septiembre de 2012

" O HÓRREO GALEGO "

Os Hórreos, son Tesouros culturaís e arquitectónicos da nosa terra, eran as despensas ou graneiros que se utilizaban en Galicia, son estructuras rectangulares de pedra ou madeira, construidas sobre pilares de canteria, almacenabanse froitas, e outros alimentos das cosechas, sobre todo gran (millo), para conservalos alexados da humedade e dos animaís (ratos e outros roedores)

Hórreo en Gondomar


Non se sabe ben o orixen dos hórreos, é probable que se remonte a época Castrexa ou Celta, pos dispoñián de almaces para gardar o gran, con unha estructura similar, ainda que despois foi modificada polos romanos.
É frecuente atopar cruces e pirámides no cume dos hórreos, as cruces son para espantar os malos espíritos e as pirámides simbolizan a fertilidade.

Hórreos en Combarro

Os hórreos eran símbolo de riqueza, o tamaño indicaba a riqueza que poseía o dono da casa.

Hórreo de Carnota
Hórreo e palomar de Lira

O Hórreo maís longo de Galicia é o de Araño de Rianxo, con 37,05 mts. de lonxitude.

Un dos elementos constructivos maís representativos de Galicia son os Hórreos.
Hai miles de eles espallados pola nosa terra.

Hórrreo en O Cebreiro

sábado, 28 de julio de 2012

" O ÚLTIMO GALEGUISTA "


  • ISAAC DÍAZ PARDO (1920-2012) 
Isaac foi o home máis querido de Galicia (según o escritor Manuel Rivas), e non lle faltaba razón.




Fundou a fábrica de Cerámicas do Castro, Constituio en Arxentina xunto con outros destacados Galeguistas o Laboratorio de Formas (ainda que Isaac decia que el non era Galeguista, que Galeguista era seu pai, que el era máis a esquerda, porque pertenecia as Xuventudes Socialistas Unificadas, pero eu o de Galeguista non me refiro o das siglas dos partidos).
Restaurou a producción de Cerámica de Sargadelos, sendo director-administrador do grupo, ata que foi traicionado e enganado.
Isaac solo traballou por e para Galicia, e deixounos un gran legado historico tanto cultural como artistico que cuidou e aumentou, e tiña unha gran preocupación que era recuperar a memoria historica.



Isaac fala que as cousas que teñen raices son as que teñen posibilidades de sosterse no futuro e as que non teñen raices non se soteñen, e ten toda a razón, pero vendo o que está a ocurrer en Galicia, fai dudar a un si as cousas teñen as suficentes raices ou empezan a secar, pois cada vez falase menos na nosa lingua, non vexo que se potencia a nosa cultura, a nosa historia (eso de vivamos como galegos solo foi un anuncio), nos somos un País, (ou Nacionalidade Histórica como di o Estatuto de Autonomia) ou como se lle queira chamar (como decía Isaac) (JOSE DE SOUSA SARAMAGO dixo: Si un pertenece a un lugar, a unha historia, a unha lingua, eu  creo que eso é a Patria), por iso que cada un o interprete como queira, o que o final interesa e traballar todos na mesma dirección, todos polo ben da nosa Terra, defender os nosos intereses, a nosa cultura, as nosas raices, a nosa lingua, (O estatuto tamen di: A lingua propia de Galicia é o Galego, - Os idiomas Galego e Castelán son oficiales en Galicia), que persoa non se sinte orgullosa de saber falar a lingua propia da sua Terra ?, Eu son Galego e Español, porque o meu País, a miña Rexión, a miña Terra, Galicia-Galiza como queirades chamarlle, pertenece a España, si pertenecera a Portugal, seria Galego e Portugués.


Un 25 de Xullo de 1948, en Bos Aires, ante os Galeguistas exiliados,
Castelao, dixo:

  • Que a fogueira do espíritu siga quentando as vosas vidas e que a fogueira do lume nunca deixe de quentar os vosos fogares.



Como decia Isaac os Galeguistas Históricos morreron todos, e agora con él foise o último.
Hasta sempre.





lunes, 16 de julio de 2012

" NEGRO CARAVEL "

Fermosa peza interpretada por SOAS,  dúo formado, pola gaiteira e
pianista Cristina Pato e pola violonchelista e vocalista Rosa Cedrón.
Duas grandes artistas galegas do panorama músical a nivel mundial.                          









Negro Caravel é unha peza con versos da nosa poetisa Rosalía de Castro,fala do desengano e da traición, o amor de un home  por parte da sua amada,pertenece o seu álbum "Mulleres"  


Encantame ésta peza:



jueves, 17 de mayo de 2012

"MEDIO SÉCULO DE, O DÍA DAS LETRAS GALEGAS"
=========================================







O día 16 de Xuño do 2012 terá lugar a commemoración do 50 aniversario
de a maior festa cultural, O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, na praza
coruñesa de Maria Pita.








A Real Academia Galega  comenzou a celebrar o Día das Letras
Galegas en 1963, para homenaxear as persoas que destacasen por
a sua creación literaria no idioma galego e pola defensa da nosa lingua,
cada ano dedicaselle a unha personalidade diferente, escollida pola
Real Academia Galega, tendo que levar, polo menos, dez anos morta.
A data de o 17 de Maio escolleuse, por ser en tal día como ise no
ano 1863 no que se publicou a obra "Cantares Galegos" de Rosalía
de Castro, que seria o comenzo do rexurdimento cultural do galego.


Vídeo de os 50 anos dos homenaxeados no Día das Letras Galegas
(1963-2012)
Música: Pucho Boedo, Himno Galego.









lunes, 7 de mayo de 2012

" DÍA DAS LETRAS GALEGAS "

17 de Maio de 2012
Dedicado o empresario e intelectual vigués;  VALENTIN PAZ ANDRADE  (1898 - 1987)




Paz Andrade foi un galeguista, e un poeta da xeneración de 1925,
foi un avogado de prestixio en Vigo,
escribiú ensaios literarios, históricos e económicos,
colaborou en varios periódicos e
foi director de o periódico galeguista "Galicia"






" PRANTO MATRICIAL "  (1954)

Poema de Paz Andrade, que evoca a morte de Castelao e que dedicou ó retorno de Castelao a Galiza.


Na Matricial Galicia, sempre túa,
que dende a Torre de Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas polo mare;
de toxo unha fogueira en cada monte;
cando ti volvas polo mare;
dos castros na coroa unha cachela,
cando ti volvas polo mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas polo mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas plo mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas polo mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas polo mare;
veliñas á xanela en cada casa,
cando ti volvas polo mare;
e as perolas das bágoas derramadas,
cando ti chegues polo mare;
cando ti chegues polo mare.............

miércoles, 7 de marzo de 2012

" PROBIÑA DA TOLA "


" PROBIÑA DA TOLA "
Poema de Ramón Cabanillas  (Hestoria d'un Romance)

Vídeo, canción, Juan Pardo e Amancio Prada


Non teño parentes, amores nin chouza                    O conto é que un fillo bo mozo da dona
aldea en aldea, parroquia en parroquia                    do pazo da Gándara,anduvolles as voltas
ando pol-o mundo, arredada e soia                         ¡As cousas do mundo!.O triste da hestoria
xanto cando atopo c-unha almiña boa                      foi que o mozo ó irse, deixome sin honrra
que polós seus mortos, bótame de esmola                eu non me recordo,¡bah,quien se recorda!
a cunca do caldo e o anaco de broa                         Pero eu non acerto que ten esa hestoria
                                                                                           que cando contala,tristeiros escoitan
Durmo nos camiños,érgome co-aurora                     namentras eu saio correndo da horta
lávome nas fontes ,de crara ágoa morna                   os homes salaian,e as vellas e as mozas,
e as noites que a lúa loce briladora,                          c-o mandil nos ollos, doloridas choran
como n-un sospiro, paso horas mortas                     decindo en voz baixa:¡Probiña da Tola!
mirando pra ela,cantandolle copras                           A xente do mundo, que di que está corda
                                                                                            marmura o toparme, ¡Probiña da tola!
¡Lúa ,lúa branca como me namoras (bis)                   e non e verdade,¡Abofé.. Abofé estou corda!
os cans que me ladran.e os nenos que xogan             ¡ si a xente soupera!
tirándome pedras chamándome tola                           E non e verdade, abofé estou corda!
                                                                                            ¡Si a xente soupera,que vivo na grogia!
atreaveso veigas , rubo corredoiras                            Cando a noite cobre , o pinal de sombras
e salto valados,cuberto de roxas                                 dúrmone n-un leito, de fiunchos e follas
espiñas de estripos, e ortigas traidoras                         e a pouco desperto, e vexo unha pomba
que firanme carne e ráchanme roupa                           que baixa do ceo,voa que revoa
a roupa de probes que nunca foi nova                         e vén no meu colo, pousarse, e mimosa,
                                                                                              rúbeseme o peito, e bicame na boca
a xente do mundo que di que esta corda                        falame dos anxes, de Nosa Señora
marmura ó toparme                                                         E todas as noites ven a branca pomba,
                                                                                                e conmigo fala
¡¡Probiña Da Tola!!                                                          e conmigo xoga,até que alumeando
E non e verdade,                                                              o pinal a aurora,rube cara ceo,
Abofé .... abofé que estou corda                                       voa que revoa!
¡si a xente soupera!                                                           Por eso me río,¡cando meiga fora!
Cando camiñando paso pol -as hortas                         a xente do mundo, que di que está corda
a tempo que a xente turra da espiocha                         Marmura ó toparme...¡Probiña da Tola!
ou cava patacas ou pranta cebolas
sempre hai un que diga
¡A onde vades Roxa Ieu que nunca quixen
andar con parolas¡ demo de xudío !
¿a ti que she importa?
e, sin mais paliques, virome de costas
mais ben me porcato, facendome sorda
que queda decindo:
¡Probiña da tola!