sábado, 28 de julio de 2012

" O ÚLTIMO GALEGUISTA "


  • ISAAC DÍAZ PARDO (1920-2012) 
Isaac foi o home máis querido de Galicia (según o escritor Manuel Rivas), e non lle faltaba razón.




Fundou a fábrica de Cerámicas do Castro, Constituio en Arxentina xunto con outros destacados Galeguistas o Laboratorio de Formas (ainda que Isaac decia que el non era Galeguista, que Galeguista era seu pai, que el era máis a esquerda, porque pertenecia as Xuventudes Socialistas Unificadas, pero eu o de Galeguista non me refiro o das siglas dos partidos).
Restaurou a producción de Cerámica de Sargadelos, sendo director-administrador do grupo, ata que foi traicionado e enganado.
Isaac solo traballou por e para Galicia, e deixounos un gran legado historico tanto cultural como artistico que cuidou e aumentou, e tiña unha gran preocupación que era recuperar a memoria historica.



Isaac fala que as cousas que teñen raices son as que teñen posibilidades de sosterse no futuro e as que non teñen raices non se soteñen, e ten toda a razón, pero vendo o que está a ocurrer en Galicia, fai dudar a un si as cousas teñen as suficentes raices ou empezan a secar, pois cada vez falase menos na nosa lingua, non vexo que se potencia a nosa cultura, a nosa historia (eso de vivamos como galegos solo foi un anuncio), nos somos un País, (ou Nacionalidade Histórica como di o Estatuto de Autonomia) ou como se lle queira chamar (como decía Isaac) (JOSE DE SOUSA SARAMAGO dixo: Si un pertenece a un lugar, a unha historia, a unha lingua, eu  creo que eso é a Patria), por iso que cada un o interprete como queira, o que o final interesa e traballar todos na mesma dirección, todos polo ben da nosa Terra, defender os nosos intereses, a nosa cultura, as nosas raices, a nosa lingua, (O estatuto tamen di: A lingua propia de Galicia é o Galego, - Os idiomas Galego e Castelán son oficiales en Galicia), que persoa non se sinte orgullosa de saber falar a lingua propia da sua Terra ?, Eu son Galego e Español, porque o meu País, a miña Rexión, a miña Terra, Galicia-Galiza como queirades chamarlle, pertenece a España, si pertenecera a Portugal, seria Galego e Portugués.


Un 25 de Xullo de 1948, en Bos Aires, ante os Galeguistas exiliados,
Castelao, dixo:

  • Que a fogueira do espíritu siga quentando as vosas vidas e que a fogueira do lume nunca deixe de quentar os vosos fogares.



Como decia Isaac os Galeguistas Históricos morreron todos, e agora con él foise o último.
Hasta sempre.





lunes, 16 de julio de 2012

" NEGRO CARAVEL "

Fermosa peza interpretada por SOAS,  dúo formado, pola gaiteira e
pianista Cristina Pato e pola violonchelista e vocalista Rosa Cedrón.
Duas grandes artistas galegas do panorama músical a nivel mundial.                          









Negro Caravel é unha peza con versos da nosa poetisa Rosalía de Castro,fala do desengano e da traición, o amor de un home  por parte da sua amada,pertenece o seu álbum "Mulleres"  


Encantame ésta peza: