Son unha manifestación da arquitectura popular galega, esténdense por toda a nosa xeografia, os máis antigos de Galicia datan do século XIV.
Cruceiro de Melide, o máis
anitgo de Galicia, (século XIV)
Galicia é un país de cruceiros, son sinais de identidade das aldeas ou parroquias, son lugares de encontro e culto, según Castelao os cruceiros son unha creación gótica.
A maioría dos cruceiros son manifestacións dunha arte anónima, froito da maestría duns canteiros que, sen coñocementos artísticos profundos, souberon plasmar na pedra un sentimento popular de devoción, di Castelao: de poucos mestres canteiros quedou memoria no país, e ben merecían que quedase.
Canta a pedra, durmida e acochada,
da terra nai no garimoso seo,
esperta do seu sono milenario
e quer ser oración e pensamento,
frorece nun varal, estendo os brazos,
e póndose de pé faise cruceiro.
(Ramón Cabanillas)
Cruceiro de O Covelo
Onde hai un cruceiro houbo sempre un pecado
e cada cruceiro é unha oración de pedra que
fixo baixar un perdón do Ceo, polo
arrepentimento de quen o pagou e polo
gran sentimento de quen o fixo.
(Castelao)
Cruceiro de Niveiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario